O 25 de febreiro a coordinadora do GIPCE, Ana Núñez, participou na mesa redonda sobre asistencia psicolóxica e trauma na experiencia migratoria que se celebrou na Facultade de Psicoloxía da USC baixo o título: "Da ruta ao destino: violencias na experiencia migratoria".
Na mesa tamén participaron Ángeles Schajaer, psicóloga membro de Open Arms, e Belén Torrón, representando a Médicos del Mundo. Ana Núñez participou expoñendo a experiencia do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do COPG na atención psicolóxica que se estableceu en colaboración coa Consellería de Sanidade dentro do dispositivo de atención sanitaria a persoas refuxiadas de Ucraína no 2022.