A gipce e membro da Comisión Coordinadora Mª Carmen González Hermo impartiu o 28 de febreiro un seminario sobre Intervención psicolóxica con colectivos vulnerables en emerxencias para alumnado do Máster Universitario en Psicoloxía da USC, especialidade en Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria.
Durante esta acción formativa, Mª Carmen González ensinou aos alumnos e alumnas a través dunha metodoloxía práctica como deben actuar os profesionais da psicoloxía en emerxencias con poboacións con diversidade funcional (persoas con deficiencias visuais, persoas xordas, persoas con mobilidade reducida, persoas con discapacidade intelectual...).