Seminario "Intervención Psicolóxica con Menores en Emerxencias" para o alumnado do Máster en Psicoloxía da USC

A nosa compañeira Concepción López Martín impartiu o 20 de febreiro un seminario de dúas horas de duración para o alumnado do Máster Universitario en Psicoloxía, especialidade en Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria da Universidade de Santiago de Compostela.

Durante este seminario os alumnos e alumnas puideron aprender cunha metodoloxía práctica como se traballa como profesional da Psicoloxía de Emerxencias con menores cando se ven afectados por unha situación crítica e que aspectos diferencias temos que ter en conta cando temos que intervir con esta poboación.