Terapeutas dos programas de atención psicolóxica en violencia de xénero analizan as súas secuelas

Hoxe venres 3 e mañá sábado 4 de marzo, os 107 psicólogos e psicólogas que integran a rede dos programas de atención psicolóxica especializada no ámbito da violencia de xénero do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia participarán nunha xornada formativa na que analizarán as diferentes presentacións das secuelas da violencia, co obxectivo de poder identificalas e tratalas adecuadamente.

Esta xornada desenvolverase ao longo dos dous días completos no salón de actos da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e forma parte do programa formativo anual que é de obrigado cumprimento para as psicólogas e psicólogos que integran esta rede.