A comunicación de malas novas en emerxencias centra a próxima acción formativa do Colexio de Psicoloxía

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia continúa formando profesionais para a intervención en catástrofes e emerxencias. Os días 11, 12, 18 e 19 de setembro vai desenvolverse o curso "Comunicación de malas novas en emerxencias e catástrofes e proceso do dó" na sede compostelá do Colexio, co que se pretende dotar de coñecementos, técnicas e habilidades para o correcto desempeño de psicólogos e psicólogas neste ámbito de actuación.