O COPG analiza a relación entre trastorno mental e delincuencia e a súa exposición no xuíxo oral

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebrou o sábado 13 de decembro en Santiago de Compostela as xornadas "Avaliación e defensa da base psicopatolóxica da imputabilidade". Impartidas polo doutor en Psicoloxía e médico especialista en medicina legal-forense Enrique Esbec Rodríguez, o seu obxectivo foi coñecer a relación entre os trastornos mentais e a delincuencia, especialmente  a violenta.