Os accidentes de tráfico e as persoas maiores centran unha conferencia do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

Este sábado 27 de febreiro, o procurador dos Tribunais do Ilustre Colexio de Procuradores de Santiago de Compostela Manuel Merelles Pérez, impartirá unha conferencia co título "Os accidentes de tráfico e as persoas maiores como conductores: casuísticas e responsabilidade".

A súa intervención será as 11 horas no Salón de Actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en Santiago de Compostela. Manuel Merelles Pérez é Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, é avogado do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña e mediador civil, mercantil e deportivo. Ten participado como profesor colaborador na Escola de Práctica Xurídica da Universidade compostelá.