A atención a persoas transexuais centra a vindeira acción formativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

Os días 22 e 23 de abril o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza na súa sede en Santiago de Compostela o curso “Achegas á transexualidade desde un modelo sexolóxico. Ferramentas para a atención ás persoas transexuais” impartido por José Ramón Landarroitajauregi Garai, psicólogo, sexólogo, escritor e recoñecido experto no tema.