O Colexio Oficial de Psicoloxía analiza o modelo catalán para explorar a implantación da psicoloxía clínica en atención primaria

Mañá mércores 21 de setembro, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza unha xornada de traballo co fin de analizar as posibilidades de implantar a psicoloxía clínica nos servizos médicos de atención primaria. Nesta actividade organizada pola Sección de Psicoloxía e Saúde tomarase como referencia o modelo catalán e deseñaranse propostas e modelos de actuación adaptándoos ás necesidades da comunidade autónoma galega.