Os Empresarios de Lugo e o Colexio de Psicoloxía organizan un obradoiro sobre a ansiedade no traballo

Mañá, xoves 14 de outubro, oitenta persoas participarán nun obradoiro online gratuíto que imparte o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) en colaboración coa Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), no que se falará sobre como xestionar a ansiedade no traballo. Mediante este obradoiro preténdese que as persoas asistentes poida identificar cales son os estresores máis habituais aos que están expostas no seu traballo, analizar como lles poden afectar e coñecer algunhas ferramentas básicas para reducilos ou eliminalos.

Esta actividade enmárcase no convenio de colaboración asinado este ano entre ambas as dúas entidades, para a promoción de iniciativas conxuntas no ámbito da formación e do asesoramento organizacional, en cuestións como a saúde laboral, como é este caso.