O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia lembra con motivo da data de San Valentín que a dominación e o control son as manifestacións máis comúns da violencia machista

O COPG, fai fincapé con motivo de San Valentín, tras o vídeo da campaña publicitaria de El Corte Inglés, que este constitúe un magnífico exemplo do que é a dominación e o control nas parellas, unha das manifestacións máis habituais da violencia de xénero. O Colexio sinala, que a dominación e o control son as manifestacións máis comúns da violencia machista.