O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia convoca a segunda edición dos seus Premios de Comunicación

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en colaboración coa aseguradora Brokers'88, vén de convocar a segunda edición dos seus Premios de Comunicación Xoán Vicente Viqueira, unha iniciativa coa que pretende recoñecer o labor divulgativo da Psicoloxía nos medios de comunicación social. De acordo coas bases, están contempladas dúas categorías, dotadas con 2.000 euros cada unha delas.