O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia reclama maior asistencia no relativo á saúde mental materna

Os trastornos da saúde psicolóxica están presentes nunha de cada cinco mulleres durante o período perinatal. Entre os devanditos trastornos son máis frecuentes a depresión, os trastornos de ansiedade, a psicose postparto e o trastorno por tensión postraumática. Malia a estas elevadas  cifras, apenas existen tanto programas de prevención primaria e secundaria sistemáticos destes trastornos como profesionais especializados e especializadas en atención á saúde psicolóxica perinatal da nai no sistema sanitario.