Mañá inaugúrase a exposición de pintura de Encarna Álvarez Gallego no Colexio Oficial de Psicoloxía

Mañá martes 23 de xaneiro ás 19.30 horas inaugurarase a mostra de pintura "Puntadas anónimas" da artista e psicóloga colexiada Encarna Álvarez Gallego na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. 

Nela poderanse contemplar varias obras que se instalarán no interior do Colexio; trátase de cadros nos que emprega tecidos procedentes da actividade de costura familiar, retallos que recolleu da súa nai, costureira, á que homenaxea con esta mostra. Con eles e empregando unha técnica mixta, que pasa polo collage ou a pintura, configura un conxunto pictórico con pezas de carácter abstracto e outras figurativas nas que xoga coas texturas e manchas de cor.