O Psicólogo José Cardama, Premio Reina Sofía polo seu traballo na atención temperá, revisa a situación profesional do sector nunha xornada no COPG

O Psicólogo vigués José Cardama, Premio Reina Sofía de Integración e Rehabilitación neste ano polo seu traballo na atención temperá de trastornos infantís, vai impartir xoves unha xornada co título “A atención temperá en Galicia: a situación actual”. Neste encontró que organiza o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia , analizará a figura do/a profesional na atención temperá e a súa situación laboral na actualidade.