Conclúe o intensivo programa práctico de formación en psicoloxía sanitaria 2014 impartido polo COPG

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia vén de clausurar o curso “Formación en Psicoloxía Sanitaria 2014. Grupo de prácticas”, que comezou o pasado mes de marzo. A actividade lectiva, na que participaron dez alumnos/as, consistiu en 100 horas de formación para adquirir algunas das destrezas básicas para o exercicio da profesión no ámbito sanitario.