O Colexio de Psicoloxía de Galicia reclama a abordaxe integral da violencia machista no Parlamento Europeo

A decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Mª Rosa Álvarez Prada, reclamou no Parlamento Europeo un cambio nas políticas públicas para realizar unha abordaxe integral do problema da violencia de xénero. Así o manifestou onte na xornada "O sesgo machista na aplicación das políticas: o caso da xustiza", na que participou como relatora nunha xornada en Bruxelas xunto con outras cinco especialistas galegas que contribuíron coas claves para detectar e afrontar a violencia machista que está asentada de forma estrutural na nosa sociedade.


A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, a segunda pola esquerda.

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, a primeira pola dereita.