O Movememto Galego de Saúde Mental reivindica a plena atención sanitaria e social das persoas con Trastorno Mental Grave con motivo do Día Mundial da Saúde Mental

Diante da grave situación asistencial, social e laboral na que se atopan os máis de 75.000 galegos e galegas con Trastorno Mental Grave, o Movemento Galego de Saúde Mental (MGSM) decidiu facer un chamamento a toda a sociedade para reivindicar a plena atención sanitaria e social ás persoas afectadas con motivo do Día Mundial da Saúde Mental este 10 de outubro.