"Seguen a facer recortes en dereitos asistencias e na sanidade pública. Non ao peche de camas en saúde mental"

Á Conselleria de Sanidade e aos seus xerentes dálles igual que as condicións de saúde mental da poboación se teñan agravado, cuns indicadores de mala evolución incontestables: o aumento de trastornos psíquicos, o incremento dos suicidios, a elevación do consumo de psicofármacos, a maior morbi-mortalidade daqueles que sufren trastorno mental grave.