O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia forma a cuarta promoción de profesionais para realizar informes periciais nos procesos xudiciais

Este sábado 16 de xaneiro a Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, desenvolve o IV Obradoiro sobre informes periciais á vista, dada a elevada demanda que tiveran as tres edicións anteriores. O obradoiro será impartido por Carmen González Pais, psicóloga forense, que conta con alta experiencia profesional no eido da psicoloxía forense, concretamente na avaliación da credibilidade, da imputabilidade e da agresión sexual, e que desenvolve o seu labor na Unidade de Psicoloxía Forense (USC), de recoñecido prestixio e referencia de investigación en técnicas forenses, tanto nacional e internacional.