Profesionais da psicoloxía reflexionan sobre os trastornos alimentarios e o vínculo de apego

O venres 26 e o sábado 27 de febreiro, vinte e cinco psicólogos e psicólogas afondarán no trauma e o apego en persoas con trastornos alimentarios nun curso que terá lugar no Hospital Lucus Augusti organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Con esta actividade preténdese abordar o xeito en que determinadas experiencias traumáticas a nivel vincular poden asociarse á aparición de trastornos alimentarios, tales como a anorexia ou a bulimia; un aspecto determinante á hora de afrontar a intervención