A valoración da perigosidade na práctica forense centra un obradoiro para profesionais da psicoloxía

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, a través da Sección de Psicoloxía Xurídica, organiza este sábado 13 de febreiro un obradoiro no que se tratará a avaliación pericial e a valoración da perigosidade no ámbito xurisdicional penal. O lugar da formación será a Facultade de Psicoloxía da Universidade compostelá e nela participarán unha trintena de psicólogos e psicólogas, tanto profesionais como estudantes.