Profesionais da psicoloxía afondan na elaboración de informes periciais relacionados con dano cerebral

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, a través da Sección de Psicoloxía Xurídica, organiza mañá sábado 11 de febreiro un obradoiro no que se tratará a formación específica para levar a cabo informes periciais en casuísticas relacionadas co dano cerebral. O lugar da formación será a Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e nela participarán unha trintena de psicólogos e psicólogas, tanto profesionais como estudantes.