O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia aborda a intervención do alumnado con TEA

O O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza mañá venres 3 de febreiro a xornada “Estratexias para a intervención e inclusión psicoeducativa do alumnado con Trastornos do Espectro Autista (TEA)” que se desenvolverá na súa sede en Santiago de Compostela. Nela afondarase nas necesidades e nas características de estudantes que presentan este tipo de trastornos, facendo fincapé na súa dimensión emocional e educativa e nas repercusións a estes niveis.