O acoso escolar e a violencia nos centros educativos, a debate en "Tempo da Psicoloxía"

Mañá martes, 19 de febreiro, continúa a primeira edición de "Tempo da Psicoloxía", un encontro que nesta ocasión xirará arredor da violencia en diversas actividades que se estenderán ata o xoves 21. Nesta segunda xornada, a violencia nos centros educativos será o contexto que se debaterá nesta actividade promovida polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e que comezará ás 18:30 horas no Auditorio ABANCA da cidade compostelá.