A decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia participa nas Jornadas Estatales de Psicología contra la Violencia de Género en Donostia

A decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Mª Rosa Álvarez Prada, está a participar nas Jornadas Estatales de Psicología contra la Violencia de Género, que se están a celebrar en Donostia entre hoxe e mañá. Estas xornadas están organizadas polo Consejo General de la Psicología e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Guipúscoa.