O COPG clausura o exhaustivo programa de formación en Psicoloxía Sanitaria 2014

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia vén de pechar o curso “Formación en Psicoloxía Sanitaria 2014”, unha actividade que constou dun total de 400 horas de formación e que comezou o pasado mes de marzo. Foron 21 os colexiados/as que participaron neste programa especializado sobre as destrezas básicas que se requiren no traballo do ámbito sanitario.