Nova edición das Xornadas de Concienciación en Ferrol para persoas sancionadas por tráfico

Hoxe sábado 7 de maio ás 10:00 horas iníciase unha nova edición das Xornadas de Concienciación en Ferrol, un programa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para condutores e condutoras con sancións por delitos relacionados coa seguridade viaria como alternativa aos tradicionais Traballos en Beneficio da Comunidade.