O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia fai fincapé no tratamento de alteracións condutuais e emocionais en persoas con dano cerebral adquirido

Os vindeiros días 19 e 20 de febreiro o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia acolle na súa sede compostelá un curso sobre avaliación e programas de intervención neuropsicolóxica en alteracións condutuais e emocionais derivadas do dano cerebral adquirido.