O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia considera o anteproxecto da Lei do aborto un grave factor de risco para a vida da muller

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia constata que a modificación da Lei do aborto que recolle o anteproxecto presentado en decembro de 2013 polo Goberno do Estado español constitúe un grave factor de risco para a vida da muller e unha conculcación dos seus dereitos individuais, polo que manifesat a súa completa oposición ao texto e solicita manter a vixencia da actual lei de prazos de 2010.