O COPG forma a profesionais da Psicoloxía para que perfeccionen as súas técnicas de entrevista clínica.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia programa para os vindeiros días 6 e 7 de xuño o curso “A primeira entrevista en Psicoloxía Clínica”. A actividade formativa, organizada pola Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG, celebrase nas aulas de docencia do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.