O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia lembra que a dominación e control son as manifestación máis comúns de violencia machista

A dominación e o control daparella son dúas das manifestacións máis habituais da violencia contra a muller e a vía de inicio de maltrato psicolóxico e físico, lembra o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Esta institución que reúne a todas as psicólogas e psicólogos galegos considera precisa facer esta afirmación, a raíz da polémica suscitada pola curtametraxe promocional da empresa El Corte Inglés titulado "Equis o corazón" para a súa campaña de San Valentín.