Entre os días 21 e 24 de febreiro celebrarase a cuarta edición de Tempo da Psicoloxía , a iniciativa de debate e divulgación organizada polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Ao longo destes días, ofreceranse tres palestras sobre o coidado da saúde mental no ámbito comunitario, no da xente moza e tamén no laboral.