A Sección de Psicoloxía Educativa do COPG presenta a Guía "Axúdalle fronte o acoso escolar"

Este xoves 8 de xuño presentarase na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) en Santiago de Compostela a Guía “Axúdalle fronte ao acoso escolar”.

Trátase dunha guía elaborada polos membros da Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía Educativa do COPG desde a práctica diaria, ante a necesidade de asesorar ás familias fronte ao acoso escolar que sofren moitos nenos e nenas e adolescentes no ámbito educativo. Nestes momentos o acoso escolar é unha problemática social que en Galicia xa supón un 10% dos casos rexistrados.