O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia afonda nas boas prácticas na xestión das persoas nas empresas

Mañá sábado 1 de abril, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia acolle un foro sobre a xestión dos recursos humanos nas empresas, co título "A xestión das persoas nas organizacións. Negociando co futuro" e que decorrerá na súa sede en Santiago de Compostela.