O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia entrega mañá o seu máximo galardón á Rede Galega de Loita contra a Pobreza

A Rede Galega da Loita contra a Pobreza recibirá mañá venres 14 de outubro o máis significativo galardón que concede o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, o premio Dolores Llópiz: Psicoloxía e Sociedade. O acto, que se celebrará no Parador de Ribadeo (Lugo), será no marco do encontro Achegas da Psicoloxía, onde se congregan os colexiados e colexiadas desde hai xa oito anos.