Persoas expertas analizarán a problemática do acoso escolar e recursos para abordalo

Un de cada dez adolescentes asegura ter sufrido acoso escolar, segundo un informe publicado nestes días por Save the Children que cartografía a situación do "bullying" a nivel estatal. O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia quere reflexionar sobre esta grave problemática a través dun conversatorio que organiza mañá xoves ás 19 horas na sede de Afundación de Santiago de Compostela. No encontro, de asistencia libre, tratarase esta cuestión desde múltiples perspectivas con persoas relevantes no ámbito.