Profesionais dos psicotécnicos galegos preparan avaliacións de screening neuropsicolóxica dos condutores de idade avanzada

Os psicólogos e psicólogas que exercen en psicotécnicos na Comunidade galega participarán este sábado 11 de marzo nunha actividade formativa máis das que nos últimos anos destinan a afondar na avaliación neuropsicolóxica de persoas maiores no contexto do tráfico e as probas de cribado que se lle realizan a estas persoas usuarias. Este curso está organizado polo Grupo de Tráfico e Seguridade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, e ten a súa orixe na gran preocupación dos e das profesionais polo rigor nas avaliacións que realizan, especialmente no caso de persoas de idade avanzada.