Mañá comeza en Santiago de Compostela o principal encontro profesional sobre psicoloxía educativa

Os días 30 de setembro e 1 de outubro, Santiago de Compostela acolle as I Xornadas Galegas de Psicoloxía Educativa, un importante encontro profesional deste ámbito no que participarán máis dun cento de psicólogos e psicólogas de todo o Estado. Baixo o título “Psicoloxía educativa, sempre emocionando”, este encontro que organiza o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) pretende ofrecer unha panorámica dos diferentes eidos de intervención da psicoloxía nos contextos educativos.

Nota de prensa [ver pdf]