A trata e a explotación sexual centran un obradoiro do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

Mañá sábado 15 de decembro, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia  organiza o obradoiro “Trata de seres humanos con fins de explotación sexual”, co que se pretende proporcionar una visión socio-xurídica do delito de trata con fins de explotación sexual, afondar nas dificultades e secuelas psicolóxicas que presentan ás vítimas de trata de seres humanos e identificar os distintos instrumentos e protocolos de detección e intervención así como os recursos de atención a vítimas existentes en Galicia.