Psicólogas e psicólogos galegos revisan a técnica da entrevista de avaliación forense

O sábado 2 de abril, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia acolle un obradoiro sobre a entrevista de avaliación forense, impartido polo psicólogo forense Jordi Bajet i Royo (Barcelona). Esta actividade que se desenvolverá na sede do Colexio, en Santiago de Compostela, pretende revisar as diversas técnicas da entrevista, un recurso esencial na práctica da psicoloxía, para centrase especificamente nas particularidades de forense.