Vinte e seis profesionais da psicoloxía prepáranse para intervir en emerxencias

Mañá venres 24 e o sábado 25 de marzo, un total de 26 psicólogos e psicólogas rematan a formación para intervir en emerxencias e catástrofes grazas a un curso que se vén realizando desde a fin de semana pasada en Santiago de Compostela. Nesta actividade proposta polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia están a coñecer as pautas nas actuacións do GIPCE (Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias) do COPG e deste xeito poden adquirir os coñecementos, técnicas e habilidades para o desempeño profesional en contextos de emerxencias.