A intervención psicolóxica reduce as dificultades da dislexia, trastorno que afecta a máis do 5% dos nenos e nenas

Máis de sesenta profesionais da psicoloxía educativa participan este venres 22 e sábado 23 de xaneiro no obradoiro "Prevención, diagnóstico e intervención na dislexia", que organiza a Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. A través da actividade que se celebrará na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela preténdese abordar este trastorno que aparece na infancia e que afecta a entre un 5% e un 10% dos nenos e nenas de Galicia.