O COPG une este sábado poesía, música e arte na quinta edición de "Vozes Contra a Violencia"

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia programa para o sábado 22 de novembro "VoZes Contra a Violencia", unha iniciativa cultural, solidaria e reivindicativa, que alenta á sociedade a rexeitar calquera tipo de agresión machista. O encontro terá lugar en Santiago de Compostela, no pub Ultramarinos (Casas Reais, 34) a partir das 22.00 horas.