A Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia expón as seguintes matizacións sobre os nenos e nenas prematuros que axuden a clarificar como ou cando desenvolver o seu proceso de ensino-aprendizaxe da maneira máis efectiva posible:
Os nenos e nenas prematuros son obxecto dun coidadoso seguimento por parte dos servizos sanitarios, tanto dos servizos de neonatoloxía como dos servizos de pediatría. Aínda que os avances da medicina e da tecnoloxía permitan a supervivencia de bebés nados cada vez máis cedo é evidente a incidencia de alteracións neurolóxicas que poden afectar á posterior adaptación de neno ou nena ao seu medio, incluído o educativo.