Profesionais e usuarios denuncian a situación de risco do dereito asistencial de saúde mental en Galicia

O sector da saúde mental galego pon o foco na súa calidade asistencial e denuncia que a atención sanitaria non está garantida como dereito para o conxunto da cidadanía, á vez que reclama medidas para loitar contra o incremento de suicidios da Comunidade. Así o fixo na xornada que organizou o Movemento Galego de Saúde Mental hoxe, sábado 20 de xuño, na Facultade de Psicoloxía da USC.