Expertos en violencia filio-parental imparten un obradoiro do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia en Vigo

A violencia exercida por fillos/as cara aos seus pais e nais continúa en aumento e é a tipoloxía delitiva con maior crecemento entre os/as menores de idade na última década, segundo a última memoria da Fiscalía Xeral do Estado. Para mellorar a abordaxe profesional desta cuestión, a Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza en Vigo mañá sábado 18 de febreiro o obradoiro "Programas de Intervención en Violencia Filio-Parental", impartido por dous dos máis importantes expertos a nivel estatal: Juan Luis Basanta Dopico e María González Álvarez.