O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia promove a cultura do bo trato na infancia

Mañá sábado 4 de novembro, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza unha xornada arredor da cultura do bo trato na infancia na que participarán relevantes profesionais da psicoloxía con experiencia en diversos ámbitos. Trátase dunha actividade central para o Colexio dado que neste 2017 ten como lema "Pola infancia". A actividade transcorrerá ao longo da mañá na sede compostelá da institución colexial e está coordinada pola psicóloga Olegaria Mosqueda Bueno.