O Colexio de Psicoloxía presenta "Cambios na fala, cambios na mente", un proxecto contra os estereotipos da vellez

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia presenta este sábado 24 o proxecto "Cambios na fala, cambios na mente", co que se pretende sensibilizar sobre os estereotipos perpetuados respecto ás persoas maiores e modificar estas formas de referilos. 

 

A presentación será no Centro Sociocultural de Santa Marta ás 13 horas (Rúa Antonio Rama Seoane 6, Santiago de Compostela) e estará aberta aos medios de comunicación.