Reanúdanse as Xornadas de Concienciación en Ferrol para persoas sancionadas por tráfico

Mañá sábado 5 de marzo iníciase a sétima edición das Xornadas de Concienciación en Ferrol, un programa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para condutores e condutoras con sancións por delitos relacionados coa seguridade viaria como alternativa aos tradicionais Traballos en Beneficio da Comunidade. Desenvolverase durante dous meses nas dependencias da Policía Local (Estrada de San Pedro s/n), grazas á colaboración do Concello de Ferrol.